Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2011

RUFIPREGUNTA 2

Efectivamente era Orihuela... 
Aos que nacemos alí dinnos ORIOLANOS.
A pesar de que a penas tiven tempo para ir á escola, fíxenme escritor porque me gustaba moito a poesía. Cando ía ao monte, sempre levaba o meu caderno para escribir. Fíxenme amigo doutros poetas e artistas. Amabamos a poesía, o cine e a pintura. Coñécenos co nome de Xeración do 27. Escribe o nome de tres poetas que formaban parte deste grupo.
Busca as palabras Xeración do 27 ou Generación del 27 en google. Tamén podes atopar os nomes clicando aquí.

RUFIPREGUNTA 1

Ola, son unha voz que vaga no aire porque o meu dono morreu encerrado nun cárcere hai moitos anos.

Nacín un 30 de outubro de 1.910. De pequeno fun pastor de cabras na vila onde nacín. Foi grazas a elas que aprendín a ler e a escribir. O meu nome é Miguel e se queres seguir deberás averiguar antes cal era o nome desa vila que está na provincia de Alacante.

Resposta: se escribes na GALIPEDIA a data do meu nacemento, atoparás a resposta. Tamén podes atopar a información clicandoaquí.

Recorta unha das imaxes que tes na tarxeta de respostas e pégaa sobre a casiña número 1 cando atopes a resposta correcta á pregunta.

Desafío de Rufina

Hai algún tempo publicamos esta carta de rufina. Nela proponnos un desafío.
Como resolvelo? Nas vosas clases entregaranvos cada semana unha tarxeta cunha pregunta á que deberedes responder. Para atopar a resposta podedes entrar na páxina da Reibonteca e seguir o enlace que aparecerá publicado e que vos permitirá responder a pregunta que Rufina envía.
Se tes algún problema, se na clase se vos acabaron as tarxetas, acude á biblioteca onde che entregaremos outra.
Sorte.