Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2011

RUFIPREGUNTA 5

Neste poema, Miguel Hernández escribe sobre o orgullo de ser parte do pobo.


VIENTOS DEL PUEBLO ME LLEVAN
Los bueyes doblan la frente,
impotentemente mansa,
delante de los castigos:
los leones la levantan
y al mismo tiempo castigan
con su clamorosa zarpa.


No soy de un pueblo de bueyes,
que soy de un pueblo que embargan
yacimientos de leones,
desfiladeros de águilas
y cordilleras de toros
con el orgullo en el asta.


Busca o texto do poema completo para poder responder a estas preguntas:
Cando fala dos galegos como os califica?
Que cualidade destaca dos andaluces?


Teclea en Google Vientos del pueblo ou busca este poema nun libro da biblioteca no apartado L4.15, que é o adicado á poesía para lectores expertos.



RUFIPREGUNTA 4

Libros recibidos

Atentos, nesta presentación podedes ver algunhas das novidades que Rufina ten á vosa disposición na Reibonteca.
Se estás interesado nalgún libro, podes pasar no recreo a recollelo. Anímate, nesta remesa de libros recibidos nas últimas semanas hainos moi interesantes, curiosos e divertidos.

Contacontos

Hai uns días tivemos unha sesión de contacontos con Marta Otero e Helena Ferrer, de terceiro curso. Marta contounos un conto moi bonito que trataba dun oso que facía unha viaxe buscando unha cousa moi importante para el. Polo camiño preguntáballe a todo o mundo que atopaba. Os espectadores tamén puideron participar lendo os pictogramas.


Helena leunos un conto no que tiñamos que adiviñar que animal estaba escondido. Non fallamos un.

DÍA DA PAZ

Se queredes coñecer as actividades que se desenvolveron con motivo do Día internacional da paz e da non violencia, temos unha páxina web para que poidas ver as fotos.
Ah, tamén poderás ler os textos que con motivo dese día preparou o Equipo de biblioteca.

O venres repetimos

Mañá venres, Helena e Marta volverán a contar no recreo os contos que nos gustaron tanto o pasado mércores. Esperamos que desta vez poidan vir máis nenos e nenas porque o pasamos moi ben axudándolles a contalo e adiviñando os animais que había no de Helena.

Contacontos

O mércores Marta Otero e Helena Ferrer vannos contar dous fermosos contos. Velaí os tendes:


SERÁ O MÉRCORES 2 DE FEBREIRO NO RECREO