As investigacións sobre a auga están en marcha. Ese é o proxecto deste curso, descubrir a importancia da auga e valorar a súa importancia. Nese camiño, Despois da Gimkauga que se celebrou hai algún tempo, cada nivel ten un río sobre o que averiguar cousas. Desde a xeografía á economía, pasando pola cultura e as crenzas dos lugares polos que pasa. Despois diso, Rufina propúxonos un xogo que se chama AS SETE PINGAS . e que consiste en responder as sete preguntas que todos os luns nos vai enviar. De momento, recibimos dúas pingas. Nel demostraremos que somos uns auténticos investigadores. PAra distinguir aos máis rápidos e efectivos, creou o chamado RECUNCHO DOS INVESTIGADORES , onde aparecerán os máis destacados de cada aula. Cada solución que aportamos é transformada nunha gráfica ou nun panel informativo. E os primeiros de cada clase que atoparon as respostas son reunidos na sala de profesores para entregarlles o Diploma de investigadores. Sobre a fachada temos a gráfica que repre