O xoves día 9 tivemos unha actividade sobre o ciclo da auga con Laura na biblioteca. Laura Comesaña é ilustradora e cantante nun grupo musical vigués. Presentounos a varios amigos que nos fixeron boas recomendacións para que non malgastemos a auga. Tivemos varias sorpresas, pois un dos nosos novos amigos mandounos por medio de Laura un mirto pequeniño para que o plantemos e o coidemos no colexio, e outra amiguiña mandounos por Rufina (que polo visto andivo por ahí de farra...) un retrato adicado para que non a esquezamos. Ao final Laura propúxonos para rematar este curso, outra actividade que estivemos a facer estes días. Este é o resultado.
CEIP Reibón (Moaña)