Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2012

Felices Vacacións

Os poemas de Iria

O pasado día 5, tivemos na biblioteca unha pequena festa de poesía. En lugar dos contos que acostuma haber, Iria recitounos uns poemas de Federico García Lorca. Nun dos poemas tivo a axuda de Irene.

Os poemas de Federico García Lorca son ben fermosos e teñan unha musicalidade especial, por iso invitámosvos a que descubrades os libros que temos na Reibonteca deste autor e outros moitos que están nos andeis de poesía.
Recitando "Deitado frente ao mar" Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro O día 12 do 12 as 12 os nenos e nenas do colexio sairon ó patio para recitar acompañados pola música de Dios ke te crew





Achegándonos á lectura

Hai moitas maneira de achegarse á lectura, á poesía, ao mundo marabilloso das fábulas e mesmo aos relatos da cultura popular. A pasada semana tivemos entre nós a Federico. Para moita xente non precisa de apelidos, é Federico. 
Todos os nenos e nenas do colexio pasaron pola biblioteca para descubrir que hai que traballar  atención, a memoria... Que se poden aprender 34 versos de memoria sen necesidade de estar pegado a un libro, sentado nunha cadeira e cos cóbados apoiados na mesa. Aprendemos que...

Para facer unha casa fai falla arte e masa. Que debe ter cheminea, unha porta, un camiño para que veña o veciño...

Os maiores tamén descubriron que no Club de Sherlock Holmes non se investigan crimes, que se descobren enigmas e que hai que andar sempre cun caderno para anotar aquelas cousas que nos chamen a atención. Que en calquera sitio pode agocharse un misterio.
O CEIP REIBÓN INFORMA

O día 7 de decembro non haberá clase, tal e como quedou establecido en resolución da Delegación de Educación que afecta a todos os centros de ensino de Moaña

Estamos a punto de comezar os nosos RECREOS DE CONTO

Nos próximos días comezaremos cos contacontos.  O próximo venres publicaremos o calendario.  Estade atentos!! Se tes algunha historia que contarnos, non dubides en apuntarte, vén á biblioteca.
Tamén comezaremos o venres coas MOCHILAS VIAXEIRAS. Cada semana, dous nenos de infantil e 1º levaran unha mochila con libros que poderán compartir cos seus pais, avós ou irmáns maiores.  O venres seguinte deberedes devolvela ao colexio para que outras familias teñan a oportunidade de gozar dos libros cos seus nenos e nenas.
Tamén queremos avisarvos que os papás e mamás que vindes a traer os vosos fillos á escola, teredes dous días na semana para que poidades coller libros en préstamo da biblioteca.  Se queredes facer o carné deberedes: Traer unha foto tamaño carné.Darnos o voso enderezoCon estes sinxelos pasos, seredes socios da nosa biblioteca e poderedes disfrutar de todos os libros que agardan por vós.

De visita por Moaña

Fervenza cede el bastón de mando a una alcaldesa Alumnos del CEIP Reibón ocupan durante unos minutos el salón de plenos de Moaña Fervenza cede el bastón de mando a una alcaldesa   Las clases prácticas despiertan cada vez más interés entre el alumnado. Por eso, el colegio Reibón organizó una visita por el Concello y la plaza de abastos de Moaña. Los niños organizaron unas improvisadas elecciones para elegir su propio alcalde y aprovecharon la excursión para proponer mejoras. ELENA MONDELO - MOAÑA Ocho años. Ésta es la edad con la que los niños del CEIP Reibón han realizado su primera votación para elegir alcaldesa y posicionarla en el salón plenario. La casa consistorial de Moaña sacó ayer su lado más infantil gracias a la visita de 70 pequeños, que llenaron de alegría cada rincón. La curiosidad se reflejaba en la cara de los pequeños, que no dudaron en plantear sus preguntas para entender qué ocurre a diario dentro de las paredes del Concello.
La visita fue breve, pero mu…

Xeroglíficos

Adiviñades de que dúas cidades estamos a falar? Queredes unha pista? Trátase dunha cidade europea e outra española. Tráenos as respostas.
Fifi no Faro de Vigo ( 21.10.12 )


Festa de entrega dos carnés

O pasado luns tivo lugar na biblioteca a Festa de entrega de carnés aos alumnos de primeiro. Comezamos a festa coa lectura do conto de Frederick. Si, ese ratiño que moitos xa coñeces que recollía as cores do verán para os días grises do inverno e os raios de sol para cando chegasen os días fríos. Despois de ler o conto, os profesores entregáronlles un regalo que Rufina lles fixo chegar en forma de galletas monstruosas con forma de dinosauro. Desde esta semana xa poden acudir á biblioteca para descubrir todas as historias que encerran os libros.

Curso de axudantes de Rufina

Ola, amigos. Esta semana comezamos os cursos de formación dos axudantes. ATENCIÓN AOS DÍAS!! Luns: Alumnado de 3º e 6ºB.
Martes: Alumnado de 4ºA e 6ºC
Mércores: Alumnado de 4ºC e 6ºA
Xoves: Alumnado de 5º e 4ºB
Rufina