Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

RUFINOTICIA ABRACADABRANTE

Ola, xente. Este ano non vos mando moitas mensaxes, pero hoxe quero enviarvos unha moi especial a todo o alumnado de infantil de 5 anos, 2º e 3º de primaria.


O vindeiro día 1 de febreiro o contacontos camerunés Boniface Ofogo estará na biblioteca para deleitarnos coas súas magníficas historias. Boni -así é coñecido no mundo- é, ademais, autor dun libro que temos na nosa biblioteca e que leva o título de O león Kandinga.  Boni leva moitos anos adicándose a contar as historias que herdou dos seus pais e dos seus avós nunha pequena aldea do Camerún. Desde hai bastante tempo reside en España e moitos poden coñecelo pola súa aparición no programa de TVE1 no que aparecen persoas que se viñeron a vivir aquí desde outros países. Pero se queredes coñecer o que fai Boni, podedes entrar na súa páxina.
Véxovos na biblio.
RUFINA

DÍA DA PAZ

O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar Pola Paz. Propoñémosvos esta batería de actividades da profesora Ana Martínez Rey titulada ENTRE TODOS CONSTRUÍMOS A PAZ.
Atoparedes actividades para os pequenos e para os maiores.


ÁNIMO!!!
A Cebra Camila en Kamishibai
Nenos e nenas de terceiro curso van a contar varios contos en Kamishibai. No día de hoxe empezaron cos seu compañeiros de terceiro co conto de "A Cebra Camila". Ó longo do curso irán contado os contos que preparen polas distintas clases.
Ola rapaces. Este ano os Reis trouxéronos unha colección de libros sobre a ciencia. O seu protagonista é o señor Viramontañas e coas súas aventuras descubriremos importantes principios científicos e exploraremos lugares remotos ou descoñecidos. Se te atreves a seguir a Martiño, Helena e o señor Viramontañas non dubides en achegarte á biblioteca e levalos para a túa casa.
Ah! Tamén teñen un sinxelo experimento que podes realizar.
Agardámoste!!!

Un veciño cheo de sorpresas Explora o universo co señor Viramontañas Martiño e Helena cóanse na terraza do señor Viramontañas.Gustaríalles ver as estrelas a través do seu telescopio. Pero o seu veciño ten un problema moi gordo e teñen que axudarlle a resolvelo. En troques, o señor Viramontañas ensinaralles os misterios marabillosos do Universo.
Co señor Viramontañas aprenderás: A diferenza entre estrelas, planetas e satélites. Que é unha galaxia. Que é un sistema solar. Os movementos da Terra: a rotación e a translación. Que son as liñas imaxinarias. O…