Este mes estamos a rebordar cos nosos contadores e contadoras. Cada día que pasa, son máis os que queren contarnos a súa historia no recreo. Encántanos que tantos nenos e nenas disfruten transmitíndolles aos demais os libros que lles gustan. Esta última semana tocoulle o turno a Iria, de 2º, que nos contou "Non é fácil, pequeno esquío". concentrouse na lectura e con tono e decisión foi contándonos a tristeza que sentía o pequeno esquío pola morte da súa nai. Despois, ía mostrando os debuxos. Uns días despois, Romina e Lucía contáronos a marabillosa historia do medio elefante. Unha curiosa aventura dun elefante que de pronto se ve privado da metade do seu corpo, así que vai percorrendo o mundo na busca do que lle falta. Este libro, que pronto estará a disposición de todos os lectores da Reibonteca, ten unha ilustración feita con cachos de obxectos de refugallo. E Antía Táboas contounos a toda velocidade a "Aventura sorprendente dun homiño moi valente",
CEIP Reibón (Moaña)