Hai moitas maneira de achegarse á lectura, á poesía, ao mundo marabilloso das fábulas e mesmo aos relatos da cultura popular. A pasada semana tivemos entre nós a Federico. Para moita xente non precisa de apelidos, é Federico. Todos os nenos e nenas do colexio pasaron pola biblioteca para descubrir que hai que traballar atención, a memoria... Que se poden aprender 34 versos de memoria sen necesidade de estar pegado a un libro, sentado nunha cadeira e cos cóbados apoiados na mesa. Aprendemos que... Para facer unha casa fai falla arte e masa. Que debe ter cheminea, unha porta, un camiño para que veña o veciño... Os maiores tamén descubriron que no Club de Sherlock Holmes non se investigan crimes, que se descobren enigmas e que hai que andar sempre cun caderno para anotar aquelas cousas que nos chamen a atención. Que en calquera sitio pode agocharse un misterio.