Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2013

Lecturas de Nadal

Xa podedes consultar no blog de Rufina as nosas recomendacións para o Nadal.

Contacontos na Reibonteca

Seguimos coa actividade dos contacontos realizadas polos nenos.
O mércores teremos unha sesión con Devin.
Se queres saber máis entra na rufinoteca, o novo blog de Rufina.

La educación gallega es la más equitativa del mundo tras México..farodevigoa/2013/12/05...

Ademais de estar por enriba da media da UE en todo




Contacontos

Cine Marabillas

No  "Cine Marabillas" con motivo do curso do cine estamos poñendo peliculas para que vexa todo o alumnado.
O cine ten butacas numeradas, é unha estancia escura con proxección en grande e bo sonido, como calquera cine que se precie.

Proxima estrea

Mércores 27 de novembro




Rufina ten un novo blog

Desde agora xa podedes acceder ao novo blog da biblioteca. Basta con premer na imaxe da barra lateral e...
XA ESTÁ!



A película máis antiga

O cine actual son unha sucesión de fotografías que se proxectan a unha velocidade de 24 fotogramas por segundo. É dicir, que nun segundo vemos 24 fotografías sucesivas e iso dános a sensación de que os personaxes estan a moverse na pantalla.
Hoxe en cadenaser.com publicouse a noticia de que foi descuberta a película máis antiga coñecida ata o de agora. Foi realizada por Le Prince 2 anos antes de que Edison presentase o seu prototipo de cinematógrafo e 7 anos antes de que os irmáns Lumiére desen lugar ao nacemento oficial do cine.
Esta película está formada por 20 fotogramas e ten unha duración de 1,66 segundos. Titúlase Le jardin de Roundhay. Misterio, o realizador e o seu equipaxe desapareceron nun tren con destino a París e nunca apareceron.

Paralaia 2013

SERVIZO DE PRÉSTAMOS ÁS FAMILIAS

A biblioteca escolar estará aberta os XOVES e VENRESde 9,15 a 10 para que todas aquelas familias que o desexen poidan acceder ao préstamo de libros. Non será necesario que fagades carné, basta simplemente con facilitar algúns datos dalgún fillo que teñades no colexio e será suficiente.
Para compartir cos vosos fillos e fillas...Para  satisfacer a vosa curiosidade...Para orientarvos sobre problemas da educación na familia.

Estaremos encantados de facilitarvos toda a información que precisedes.


DECÁLOGO

Incluímos este decálogo na nosa páxina porque desde o equipo da Reibonteca é o que pensamos e o que inspirou moitas das nosas iniciativas de animación.

Biblioteca, ludeteca e actividades