Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013

Un trío e Chocolata

Emma, Laura e Ainhoa baixaron como foguetes desde a clase de terceiro para contarlles aos compañeiros que agardaban comendo a merenda o corredor o conto que escolleron, Chocolata.
Chocolata é unha hipopótamo que é distinta, quizais por iso escolleron este conto e non outro para facer a súa primeira contada deste curso.
A próxima vez, imos prepararlles unha xema de ovo para ter voces de lobo e resoe ben forte.


Achegáronnos a lúa

O mes de febreiro comezou na biblioteca coa presentación de Alba e Lucía. Contaron un conto de Eric Carle titulado Papá, por favor, consígueme la luna. Este contacontos foi suspendido o pasado día 30 porque a duración das actividades do Día Escolar pola paz non fixo posible que se contase o día previsto.

PRÓXIMOS RECREOS DE CONTO:
Luns, 4 de febreiro
Laura, Ainhoa e Emma de 3ºA contarán CHOCOLATA.
Venres, 15 de febreiro
Eva, de 3ºC contará El bebé de la profesora.