Informamos que as vacacións de Semana Santa serán dende o día 23 de marzo ao 1 de abril. As clases empezan de novo o martes día 2 de abril. É un bo momento para disfrutar da primavera, descansar e recargar as pilas para o último trimestre do curso. Tamén é o momento perfecto para ler aqueles libros que nos están esperando dende hai tempo. Como por exemplo estes: La niña de rojo Aaron Frisch e Roberto Innocenti Los grajos de Juan el cuarto Michael Lawrence O carballo Carlos Silvar A verdadeira historia da mosca da tele Maria Solar Para adultos : A Freguesía de Moaña: Garcia Barreiro, Chapela Bermúdez, Villaverde Román. en calquera libraría ou Kiosco de Moaña
CEIP Reibón (Moaña)