Ler é unha viaxe polas historias e todas as viaxes requiren que os viaxeiros leven a súa documentación para cruzar as fronteiras. O alumnado de Reibón ten desde este curso o seu pasaporte, un pasaporte para a lectura que lles abrirá as fronteiras dos planetas Fantasía, Aventura e Misterio. Esta semana recibiron o seu pasaporte lector os alumnos de infantil de 5 anos e 1º de primaria. Agora comezarán a súa viaxe. O primeiro planeta polo que van viaxar é Fantasía. Para percorrelo e ir ao seguinte planeta deberemos ler unha feixe de libros que están no pasaporte. Vendo a portada poderemos identificalos facilmente e ir cara adiante. Os libros que están no pasaporte lector están identificados cun adhesivo coma este da imaxe e os libros ocupan un andel especial sinalado coa mesma pegatina. Hai uns días os alumnos que comezan o programa recibiron os seus pasaportes. Aquí podemos velos tras a entrega posando na biblioteca.
CEIP Reibón (Moaña)