COMEDOR CURSO 2014 / 2015 A Xunta de Galicia acaba de publicar as instrucións para os comedores no curso 2014 / 2015. O sistema de pago basearase na declaración da renda do ano 2013, establecendo pagos de 0, 1, 2.5, e 4.5 euros diarios. A cantidade a pagar obterase da combinación das seguintes casiñas : 361 + 363 – 365 + 368 + 371 – 511 O resultado dividirase polos membros da unidade familiar. No caso de persoas que non teñan que presentar declaración da renda, utilizarán os datos do borrador para facer os cálculos. O modelo de autodeclaración que se adxunta a esta nota, deberá presentarse no colexio debidamente cuberta hasta o 11 de xullo, ou de 1 a 10 de setembro.
CEIP Reibón (Moaña)