Como xa anunciamos hai uns días, hoxe estivo na Reibonteca Antonio Rubio autor de "Lúa" e "Versos vegetales", dous libros que forman parte do noso pasaporte lector. O alumnado de infantil, primeiro e segundo tivo a oportunidade de escoitar a un dos poucos, quizais o único, que a crea para aqueles que non saben ler, aínda que tamén cre libros para os que son capaces de facelo. Descubrimos que a poesía é unha canción que se repite e que se vive corporalmente, que se palmea e que se pode cantar con pequenos xoguetes. Coñecemos tamén o trabalinguas máis longo que nunca teñamos escoitado. Sentímonos moi afortunados de que Antonio viñese ao noso colexio, visitase a nosa biblioteca e adicase unhas horas do seu tempo para facernos gozar coa súa voz. Moitas grazas e ata cando queiras.