Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2016

En 4 anos xa coñecen ben a Roger Olmos

Antes de marchar de vacacións deixámosvos cun video das rapazas e rapaces de 4 anos, no que demostran que teñen ben calado ao ilustrador de Tío Lobo, un dos seus contos favoritos.  E é que Roger Olmos sempre nos sorprende cada vez que lemos un dos seus contos, descubrindo todas esas cousiñas que agocha nas súas ilustracións, e ás que moitas veces non lle atopamos sentido. 

Recomendacións lectoras 1

Para os máis pequenos, o Nadal son datas cheas de ilusión.
Os libros tamén deben formar parte deses regalos e aquí vos deixamos unha listaxe de títulos que consideramos adecuados para a súa idade. Atopareces títulos para os bos lectores e para os que non o son tanto, ilustrados e sempre coidados.
Tamén pensamos nos adultos e atoparedes ao final do folleto lecturas interesantes para os máis vellos da familia.

Aprender a buscar na internet é importante

Iniciamos a edición dos Cadernos da Reibonteca coa publicación dunha guía para aprender a buscar en internet. Era unha necesidade que tiñamos constatado que existía e que algunhas familias nos expresaron que sería moi útil mesmo para utilizala na casa.  O uso de internet é tan frecuente que pode parecer que o coñecemos e o dominamos, pero existen trucos que nos poden axudar a acadar os nosos obxectivos con menos traballo. A cantidade de información existente na rede é tal que hai que aprender a discriminar o útil do inútil, a información veraz da que non  o é. Deben aprender a dubidar de todo o que se publica na rede e contrastalo. Agardamos as vosas suxestións e opinións para ir mellorando a guía.