CEIP Reibón (Moaña)

20/12/16

En 4 anos xa coñecen ben a Roger Olmos


Antes de marchar de vacacións deixámosvos cun video das rapazas e rapaces de 4 anos, no que demostran que teñen ben calado ao ilustrador de Tío Lobo, un dos seus contos favoritos.  E é que Roger Olmos sempre nos sorprende cada vez que lemos un dos seus contos, descubrindo todas esas cousiñas que agocha nas súas ilustracións, e ás que moitas veces non lle atopamos sentido. 

video

13/12/16

Recomendacións lectoras 1

Para os máis pequenos, o Nadal son datas cheas de ilusión.
Os libros tamén deben formar parte deses regalos e aquí vos deixamos unha listaxe de títulos que consideramos adecuados para a súa idade. Atopareces títulos para os bos lectores e para os que non o son tanto, ilustrados e sempre coidados.
Tamén pensamos nos adultos e atoparedes ao final do folleto lecturas interesantes para os máis vellos da familia.

Recomendacións lectoras 2

Aí van as nosas recomendacións para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, e algunha tamén para os adultos da casa.
E lembrade que o libro é un regalo que nunca se acaba.

6/12/16

Aprender a buscar na internet é importante

Iniciamos a edición dos Cadernos da Reibonteca coa publicación dunha guía para aprender a buscar en internet. Era unha necesidade que tiñamos constatado que existía e que algunhas familias nos expresaron que sería moi útil mesmo para utilizala na casa. 
O uso de internet é tan frecuente que pode parecer que o coñecemos e o dominamos, pero existen trucos que nos poden axudar a acadar os nosos obxectivos con menos traballo. A cantidade de información existente na rede é tal que hai que aprender a discriminar o útil do inútil, a información veraz da que non  o é. Deben aprender a dubidar de todo o que se publica na rede e contrastalo.
Agardamos as vosas suxestións e opinións para ir mellorando a guía. 

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Quen somos?

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Category

Seguidores

Redes sociais

Voz Natura

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Labels Cloud

etiquetas

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com