CEIP Reibón (Moaña)

17/11/17

FAMILIAS LECTORAS








Estimadas familias

Este curso volvemos a poñer en marcha o programa de Familias Lectoras. Como xa sabedes, trátase dun plan de lectura en familia.
As familias participantes comprométense a ler, entre os meses de decembro e marzo, 15 minutos diarios en 3 días á semana.

Hoxe mandarase un folleto informativo a todo o alumnado. Os interesados en participar debedes traer a folla cuberta antes do 21 de novembro. Posteriormente convocarase unha reunión para as familias inscritas.




13/11/17

Celebramos a Astrid Lindgren

Aproveitamos que acaba de ser publicada a edición de Pippi en galego, que cadra co aniversario da súa autora que se celebraría o 14 de novembro adicándolle a este título o Libro da Semana.

31/10/17

Os axudantes

Co inicio do curso comezamos os encontros cos axudantes Para darlles toda a información do traballo a realizar.
O traballo dos axudantes de 5º e 6º vai ser moi importante porque durante o verán reorganizamos a colocación.

QUE HAI DE NOVO?
Pois, como veredes, os libros están colocados dentro dos apartados de L2, L3 e L4 en orde alfabética do título. 

POR QUE?

Porque pensamos que iso axuda a localizar os libros. Pero para facelo hai que saber que do título non temos en conta os determinantes. Así que se un libro se titula "A casa dos tolos", deberemos buscalo na C de casa.

COMO SABEMOS ONDE COMEZA UNHA LETRA?

De momento temos unhas láminas negras coas letras adheridas que sinalan onde comeza o apartado correspondente

Día das bibliotecas

O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Con esta celebración queremos recoñecer a importancia que teñan no fomento do pracer da lectura, do descubrimento de coñecementos novos.

Para iso decidimos convocar un concurso de marcapáxinas entre todo o alumnado.

Tamén tivemos un contacontos coa colaboración de Edicións Xerais. A historia que puideron desfrutar os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º foi Augusta e os seus medos, un conto moi divertido e cheo de medos que se poden superar.





24/10/17

Benvida aos novos lectores


Rufina está moi contenta porque chegastes nenos e nenas novos á biblioteca. Para celebralo fixemos o acto de entrega de carnés e pasaportes lectores.





Como vedes na foto, todos estaban moi contentos por poder utilizar o seu carné e levar o pasaporte á casa para ensinalo aos papás, mamás, avós...

17/10/17

O PROXECTO GLOBAL DESTE ANO

Mirando este vídeo vai ser imposible que adiviñedes cal é o proxecto global deste ano.



A que non o adiviñastes?
Aí vos vai outra axudiña. As respostas podedes dala no FCBK da Reibonteca.

20/9/17

Estamos de volta

Ola!!

Estamos de volta na Reibonteca, encantados de atoparnos un ano máis neste espazo que queremos facer cada día máis agradable e máis voso.
A partir de outubro, haberá dous días de préstamos ás familias. Serán o LUNS e o MÉRCORES de 9,15 a 10 horas, coincidindo coa hora de entrada. 
Para os que vos incorporades este ano, sabede que podedes utilizar o préstamo de libros sen máis trámite que facilitar o nome do voso fillo ou filla.

Tamén poremos en marcha por segundo ano a actividade de FAMILIAS LECTORAS, do que teredes información no seu momento.

23/5/17

Consigna Familias Lectoras

Esperamos que vaian ben as lecturas en familia. Como vos dixemos na reunión, cada certo tempo lanzaremos unha proposta de lectura creativa. 
Velaí vai a primeira.


14/5/17

Visitas de autores


A semana pasado visitáronnos dous autores dos libros que están a ler os alumnos e alumnas de cuarto de primaria. Héctor Cajaraville, autor de "Quen dá a quenda?" e David Pintor ou Pinto, ilustrador de "Cámbiache o conto", un libro que fixo a medias con Carlos López, autor tamén de Isela, o último título que estamos a traballar.
David díxonos que estaba moi contento de vir a Reibón porque aquí traballaron os pais da súa muller, e por iso cando lle dixeron de vir non dubidou un segundo en aceptar a nosa invitación.

Os dous recibiron un feixe de preguntas sobre como se decidiron a facerse escritor e ilustrador, os seus libros preferidos... e por suposto, asinaron os libros.















Hugo conta a Guerra dos números


A Hugo gustoulle a historia das batallas dos números e dos negativos e positivos e decidiu contala o pasado venres. 





Aquiles o pelado

Este é o libro que María e Uxía escolleron para contar a todos o mércores. Agora están preparando a súa intervención nunha sesión especial para os alumnos e alumnas de 1º.


Algunhas notas para as FAMILIAS LECTORAS

Para todas aquelas persoas que non puidestes asistir á reunión do pasado luns, damos algunha información básica:
  • A lectura será na casa.
  • Tempo de 15 minutos non menos de dous días á semana, pero con flexibilidade.
  • Dado que comezamos con atraso, o periodo acaba o 9 de xuño. Como non está no calendario, podesdes anotar os días aparte.
  • Na tarxeta de participación tendes unha cara coa portada e algúns consellos. A parte interior (foto de abaixo) hai unha parte que debedes cubrir obrigaoriamente, que son o calendario e os datos do neno ou nena. Se tendes dous fillos/as teredes que cubrir 2 tarxetas.
  • Se queredes valorar os libros que lestes, podedes facelo (esta é a parte voluntaria).
  • Ao remate da experiencia enviaremos unha enquisa que nos valerá para asentar as cousas que son positivas e modificar as que non o son. Cumprimentádea con total sinceridade.
  • Tamén se vos enviou unha Guía de lecturas. Neste caso trátase dunha orientación que podedes seguir se o considerades oportuno. Dentro de cada nivel de idade, os libros máis sinxelos son os primeiros, mentres que os últimos son os máis complexos.
Calquera dúbida que haxa non dubidedes en consultala. Estaremos encantados de ofrecervos o noso punto de vista.

Esperamos poder pechar esta actividade cunha pequena celebración da lectura, unha festa da palabra.




4/5/17

FAMILIAS LECTORAS

Nos vindeiros anos un dos obxectivos da nos Biblioteca escolar será incrementar o hábito lector entre o noso alumnado, pois consideramos que non podemos acadar éxito escolar sen un bo dominio da lectura. A escola é unha parte moi importante para fomentar as capacidades lectoras, pero o hábito lector precisa do apoio familiar e por iso lanzamos este proxecto de lectura en familia.



Encontro con David Pintor


O aumnado de 4º terá un encontro con David Pintor para falar dos seus libros e en especial dos  que fixo con Carlos López, autor do que estamos a ler Isela e Cámbiache o conto.

Esperamos que todos gocemos coas ilustracións e as palabras deste coñecido ilustrador e humorista gráfico.



25/4/17

Good Night Moon


Este é o título do conto que a profesora Lucía nos contou en inglés. Unha historia moi apropiada para contar na cama, ideal para antes de durmir. Cheo de ritmo e poesía, é unha fermosa invitación para o sono.







24/4/17

Recreos de conto

Os recreos de conto desta semana son estes:


Actividade poesía e música

O luns 27 de marzo o alumnado de 1º de primaria asistiu a un pequeno recital de música e poesía realizado polo cantante e músico Héctor Lorenzo. O 24 de abril repetiuse para alumnado doutros cursos.





O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Technology

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Seguidores

Redes sociais

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com