Este curso estamos facendo unha "limpeza" dos fondos da nosa biblioteca e estamos moi contentos de anunciarvos algunhas das novidades que adquirimos nas últimas semanas. Para os máis pequenos: AURELIO é un morcego ao que lle gusta moito xogar coas letras, non en balde o seu nome contén todas as vogais. Con una a y otra a, se baña la rana, se lava la lana, se canta el tam-tam. ANTONINO CONTRA EL TIEMPO . A Antonino encántalle pasear polo bosque, pero un día escoita uns gritos, pois o oso está atrapado nunha trampa. Antonino deberá correr para levar o oso ao hospital e por iso debe loitar contra o tempo, para salvalo. COCORICO . Xa todos coñecemos a historia de Cocorico, pero decidimos ter máis exemplares porque sempre andamos preguntando quen levou a Cocorico e cando vai devolvelo. COMER UN LOBO . Os máis pequenos gozaron moito dun libro titulado "¡Que viene el lobo!, pois agora chega unha especie de continuación na que tratamos d
CEIP Reibón (Moaña)