Estimadas familias Este curso volvemos a poñer en marcha o programa de Familias Lectoras. Como xa sabedes, trátase dun plan de lectura en familia. As familias participantes comprométense a ler, entre os meses de decembro e marzo, 15 minutos diarios en 3 días á semana. Hoxe mandarase un folleto informativo a todo o alumnado. Os interesados en participar debedes traer a folla cuberta antes do 21 de novembro. Posteriormente convocarase unha reunión para as familias inscritas.