Dentro das actividades programadas para celebrar o mes da ciencia en galego, convocamos a todo o alumnado a que nos explicase na última semana de novembro o seu experimento científico favorito. Os máis activos foron os de 5º C que nos trouxeron unha chea de experiencias sobre o aire e a auga. Aquí tendes algunha das cousas que fixeron.