CEIP Reibón (Moaña)

27/10/18

LECTOAMIGOS


Lectoamigos é unha actividade que vimos impulsando desde o equipo da Reibonteca para fomentar a lectura compartida entre o alumnado de diferentes idades.

A actividade consiste na lectura compartida entre grupos desiguais para que desta forma os máis avanzados teñan modelos de lectura que non sexan unicamente adultos e que incentiven a copia de modelos, estimulen a lectura expresiva e o interese por mellorar.

A proposta que realizamos é dun día de lectura compartida quincenal na Hora de ler. O emparellamento de niveis será o seguinte:


  • Alumnado de 1º co de 5º 
  • Alumnado de 2º co de 6º 
  • Alumnado de 3º co de 4 anos 
  • Alumnado de 4º co de 5 anos
Cada grupo de Lectoamigos levará un medallón identificativo no que poden incluír as fotos dos alumnos e alumnas que forman parte da parella ou trío de lectores.
O equipo da Reibonteca entregaralle a cada titor ou titora un modelo de medallón perforado, fotos dos nenos e nenas que integrarían os grupos e fita para que poidan colgalo. Desta maneira, especialmente os máis pequenos poderán identificar facilmente con que lles toca a ler.


COMEZO DA ACTIVIDADE

Iniciaríase a actividade no mes de novembro cun gran acto no exterior coa presenza de todo o alumnado e o profesorado.

O equipo de biblioteca proporá un xogo de pistas que durará uns 10 minutos para que se poidan atopar cada un dos grupos.
Para rematar a actividade lerase un poema polo altavoz. Ao remate, soará unha música e todo o alumnado volverá ás aulas.

PROPOSTAS
Realizaranse propostas de lectura relacionadas co proxecto anual das emocións e do mesmo xeito que propiciamos diferentes lecturas na Hora de ler, tamén faremos o mesmo con esta actividade pero centrada na lectura literaria. Queremos tamén que poidan xurdir actividades espontáneas e guiadas de comunicación escrita (contos compartidos, realización de libros...).


Horario de atención ás familias

Este ano comezamos o curso con menos horas de atención á biblioteca por mor dos recortes que levou a cabo a Consellería de educación, pero unha modificación horaria realizada polo equipo directivo permite que adiquemos unha hora máis, os mércores ás 9,15 para atender as familias que desexen facer uso da biblioteca. Isto quere dicir que adicamos un 40% das horas de biblioteca ás familias.
Xa sabedes:

20/9/18

REUNIÓN AXUDANTES BIBLIOTECA

O martes tivemos a primeira reunión cos axudantes de biblioteca para empezar a organizar o traballo  para  este curso.
A maioría xa son coñecidos, pero tamén hai algunha cara nova.

Benvidos a todos e todas!





16/5/18

Reunión Familias Lectoras

O próximo martes, 22 de maio teremos o encontro final das Familias Lectoras. Gustaríanos que asistisedes o maior número posible de familias e que ademais de escoitar o que queremos dicirvos, queremos que compartades a vosa experiencia.
Este ano o préstamo ás familias multiplicouse e aumentou considerablemente o número de familias que uitilizaron o préstamo da biblioteca escolar.

MOITAS GRAZAS A TODAS.

2/5/18

Obradoiro de contadores

O primeiro grupo de nenos e nenas rematou a súa participación no Obradoiro de contadores que levamos adiante na Reibonteca.
Aprendemos algunhas técnicas básicas para contar historias, como utilizar a voz e os xestos, como darlle vida aos relatos e algunhas cousas máis que foron xurdindo sobre a marcha.
Como primeira experiencia fixemos un recreo de conto para clebrar o día 2 de abril, Día do Libro Infantil.
Agora estamos co segundo grupo e moitos deles participarán nos RECREOS DE CONTO.

O teu libro para o pasaporte lector

A nosa biblioteca ten desde hai anos un proxecto moi bonito, que é o PASAPORTE LECTOR; este ano sae o primeiro grupo que o ten desde primeiro. O suvenir é unha foto de cada un deles co seu libro favorito e Rufina, a nosa mascota, que se incorpora no final do pasaporte e que levarán para as súas casas.
Pensamos que era unha boa idea que tratasen de contaxiarnos a súa emoción por ese libro a través dos seus textos.

18/4/18

Recreos de conto

Este é o cartel dos Recreos de conto deste ano. Estarán nos corredores para que todos poidan participar. Tamén os papás e as mamás estades convidados e convidadas e gustaríanos que viñésedes a contarnos algún conto, poema, ou suceso.
Que tendes que facer? Simplemente inscribirse na biblioteca.

6/3/18

Día da Muller


Para reivindicar o papel das mulleres no tema do noso proxecto global, o equipo da Reibonteca organiza unha Caza do tesouro sobre as mulleres na música.
Para conseguir o noso obxectivo deberemos responder as preguntas que cada luns e mércores irán aparecendo nos diferentes murais, así como no blog e no Facebook da nos biblioteca escolar.
Cada persoa ou grupo de persoas participantes terá unha tarxeta na que irán anotando as respostas. Ás correctas se lles porá o selo de Rufina, a nosa mascota.
Se o consegues completar demostrarás que sabes moito de música ou que sabes buscar información.

28/2/18

A historia de Ferdinando

A finais do ano 2017 estreouse a película FERDINAND. Foi un acontecemento, pero quizais non saibades que está basado, aínda que ten pouco do orixinal, nunha historia de MUNRO LEAF orixinalmente titulada O touro Ferdinando.

O noso libro da semana será este e no mural da Reibonteca poderedes coñecer a historia deste touro tan singular e do animal que se supón inspirou o autor para escribila.





24/1/18

Taller de contadores

Queres aprender a contar un conto? 
Contar un conto é unha actividade moi importante para que os nenos e nenas poidan participar nos Recreos de conto e por iso decidimos facer un obradoiro para que poidan aprender a facelo.

Que podes esperar deste obradoiro?
Pois poderás aprender a utilizar a voz, como nos axudan os xestos, que contos se poden contar e cales son mellores para ler, as formas de que os oíntes imaxinen as imaxes...

A inscrición está aberta ata o 31 de xaneiro e pódese facer na bilioteca.

O máis visto

Arquivo do blog

CEIP Reibón (Moaña)

Home PageNav Display

Ads

Related Posts Display

Item Post Navigation Display

Featured Posts

statistics

Blogs interesantes

Subscribe

Blog da Reibonteca

Navigation-Menus (Do Not Edit Here!)

Ad Home

Search

Tab-menu

Random Posts

Author Info (Documentation Required)

Recent Posts

Header Ads

Etiquetas

Seguidores

Redes sociais

Bibliotecas escolares de Galicia

Bibliotecas escolares de Galicia
Blog

Advertising

Advertising

Slider (Add Label Name Here!) (Documentation Required)

Blogger templates

Contact us

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Blogger templates

Facebook

BTemplates.com

Pages - Menu

Pages - Menu

Popular Posts

Popular

Copyright © REIBONTECA | Powered by Blogger

Design by ThemePacific | Blogger Theme by NewBloggerThemes.com