Queres aprender a contar un conto? Contar un conto é unha actividade moi importante para que os nenos e nenas poidan participar nos Recreos de conto e por iso decidimos facer un obradoiro para que poidan aprender a facelo. Que podes esperar deste obradoiro? Pois poderás aprender a utilizar a voz, como nos axudan os xestos, que contos se poden contar e cales son mellores para ler, as formas de que os oíntes imaxinen as imaxes... A inscrición está aberta ata o 31 de xaneiro e pódese facer na bilioteca.
CEIP Reibón (Moaña)