Para reivindicar o papel das mulleres no tema do noso proxecto global, o equipo da Reibonteca organiza unha Caza do tesouro sobre as mulleres na música. Para conseguir o noso obxectivo deberemos responder as preguntas que cada luns e mércores irán aparecendo nos diferentes murais, así como no blog e no Facebook da nos biblioteca escolar. Cada persoa ou grupo de persoas participantes terá unha tarxeta na que irán anotando as respostas. Ás correctas se lles porá o selo de Rufina, a nosa mascota. Se o consegues completar demostrarás que sabes moito de música ou que sabes buscar información.