Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Familias lectoras

O pasado xoves tivemos a primeira reunión de Familias Lectoras. Compartimos a importancia da formación do hábito lector no entorno familiar e algunhas características que poden ter os libros para cada unha das idades.   Nesa tarxeta tamén atoparedes o calendario no que deberedes anotar cada un dos días nos que realizastes a lectura compartida cos nenos ou nenas. Finalmente, tamén atoparedes a táboa na que podedes anotar os títulos que lestes e a valoración que vos mereceron. A finalidade desta valoración é coñecer datos que nos permitan ter nos fondos da biblioteca libros que poidan concordar con esa valoración.   Lembrámosvos que están á vosa disposición as follas de participación coa táboa de valoración dos libros e as recomendacións por idades para o presente curso. Este ano temos un para prelectores, outro para primeiros lectores, outro para autónomos e un máis para lectores expertos. Se aínda non o tes, solicítao na Biblioteca. Nas próxima