Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

Bibliotecas inclusivas. Unha biblioteca máis accesible

Dentro do plan de bibliotecas, a Xunta de Galicia destinou unha partida para bibliotecas inclusivas. A Reibonteca adicou un presuposto de 1600 € transferidos desde a Consellería de Educación e outra parte do presuposto do colexio que destinamos a facer mobiliario máis accesible para o alumnado con limitación de mobilidade e unha partida importante de libros tanto informativos como adaptados para nenos e nenas con déficit visual, autismo, etc. Outra parte foi destinada a libros que fomentan a igualdade entre xéneros e o respecto pola diferenza. Dentro deste hai unha parte importante destinada á información para familias, profesorado e alumnado.

Despedida ás nosas Familias Lectoras

Por este ano o proxecto de Familias Lectoras que levamos a cabo entre o Equipo de Biblioteca e as familias  chegou ao seu fin. Estamos satisfeitos de ter podido cumprir o noso obxectivo o mellor que puidemos e agradecemos moi sinceramente as valoracións que nos fixestes chegar as familias que enviastes a enquisa. Sabedes que temos en conta as vosas opinións e suxestións, aínda que tamén temos limitacións laborais e vitais.

Trataremos de manter os libros mellor organizados, algo para o que esperamos contar colaboración do profesorado e do alumnado. Sen a súa colaboración iso será imposible. Sabemos que un certo desorde sempre vai haber porque os nenos son nenos, pero dentro dunha orde.
Satisfeitos de ver a bibloteca ateigada para escoitar os contos de Bea Campos e Manuel Pombal. Os nenos e nenas pasárono realmente ben.
Esperamos que o ano sexades máis as familias que vos animedes a participar.  Bo verán!! Ata o curso que vén.

Clausura Familias Lectoras

Lectura en voz alta

O Mes dos libros chegou cunha novidade ao noso centro, o CERTAME DE LECTURA EN VOZ ALTA. Aquí podedes ver algunhas das cousas que fixeron e as súas opinións. Queda outra parte que publicaremos dentro duns días coa montaxe do acto dos máis pequenos.

Mes dos libros

Entre os meses de abril e maio celebramos na biblioteca do CEIP Reibón o mes dos libros no que conmemoramos o Día Internacional do libro e o Día das Letras Galegas. Aínda que o tempo non nos permitiu facelo ata o día 28 de abril, comezamos cunha Liberación de libros. Cada neno ou nena trouxo da súa casa un libro que para eles xa non tiña uso e deixárono no patio do centro. Antes do recreo, todos os que aportaron o seu libro baixaron para coller outro dos que estaban expostos sobre o chan do campo de fútbol.
Os día 15 e 16 de maio celebraremos a fase final do Certame de lectura en voz alta e aprtir do 27 de maio teremos a exposición "Como se fai un libro".


Lectura en voz alta

A Reibonteca convoca un concurso de lectura en voz alta para celebrar o Mes do libro e das Letras Galegas.
Deixamos o vídeo para que vexades en que consiste. Haberá dúas fases:
Fase 1: Terá lugar en cada aula e serán seleccionados entre 1 e 2 alumnos ou alumnas.
Fase 2: Será a nivel de centro e haberá unha categoría para infantil e 1º, outra para 2º e 3º, e outra para 4º, 5º e 6º.

Xosé Ballesteros coas Familias Lectoras

No mes de marzo teremos un encontro esperado con Xosé Ballesteros para as nosas Familias Lectoras.

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor, tradutor e contador.

Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros) e Imaxina animais a partir das ilustracións de Juan Vidaurre.

Adaptador de libros tan celebrados como Tío Lobo, O coelliño branco, O traxe novo do rei, Os tres osos, Os sete cabritos e As pescadoras. Creador dos Gordibolas dos que se publicaron dous volumes.

Neste vídeo podedes ver unha entrevista con Xosé Ballesteros.

Obradoiro de ilustración co alumnado de 3º

O pintor e ilustrador Pablo Otero "Peixe" dirixirá un obradoiro de ilustración para os nenos e nenas de terceiro os vindeiros martes e mércores. 
Pablo Otero é un artista con experiencia en variados ámbitos. Como illustrador participou en libros como Mateo, (Ed. Kalandraka), Cidades de Fran Alonso (Eds. Xerais) ou a Raíña de Turnedó (Ed. Kalandraka), A cociña de Toto Murube (Ed. Kalandraka), 303 adiviñas (Eds. Xerais), Contos por teléfono (Ed. Kalandraka), un libro que forma parte do noso Pasaporte lector.




LER, IMAXINAR, ILUSTRAR

O martes 29 de xaneiro estivo na biblioteca o artista Ramón Trigo. Era unha actividade do programa de Familias lectoras na que puidemos comprobar como afronta os seus traballos un ilustrador. Desde a construción dos personaxes ata as gamas cromáticas que elixe e por que, as influencias do expresionismo ou como chegou ao mundo da ilustración para nenos. Finalmente fíxonos unha versión de Rufina, que é a que encabeza esta entrada. O vindeiro mes de marzo esperamos ter unha nova actividade dirixida ás Familias Lectoras.


Familias Lectoras. Encontro co ilustrador Ramón Trigo

ATENCIÓN A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES NO PLAN DE LECTURA EN FAMILIA!! ACTIVIDADE "OBRIGATORIA" PARA COMPARTIR COS NENOS E NENAS

Martes, 29 de xaneiro - 18 horas - Na biblioteca Estará con todos nós o ilustrador Ramón Trigo que nos vai demostrar como con lectura, imaxinación e unha boa man se poden converter en imaxes calquera idea, historia, suceso...

Ramón Trigo ilustrou unha chea de libros ben coñecidos, tanto para os pequenos como para os mozos dos que podedes ter informacións nos tríticos que enviamos ás casas. Entre eles hai un moi especial porque o escribiu a súa propia filla, Blanca Trigo. Por iso quen mellor que el para participar nas actividades das nosas Familias Lectoras?


LEMBRADE: O MARTES 29 ÁS 18 HORAS TEMOS UNHA CITA.