Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

Proxecto arte

Desde a biblioteca queremos propoñervos que descubrades artistas. Cada semana imos propoñervos un para que descubrades a súa obra.
Que vos parece se comezamos pola fotografía?
Joan Fontcuberta, un fotógrafo que explora os límites entre a verdade e amentira.

Novidades da biblioteca inclusiva

Podedes consultar as novidades da Reibonteca nesta publicación. Se queredes, tamén podedes descargala.

Open publication - Free publishing

Biblioteca inclusiva

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares estase impulsando a inclusividade nas bibliotecas escolares e desde a Reibonteca tamén apoiamos esa iniciativa buscando libros que propicien a igualdade e a integración de todo tipo de persoas.
Proximamente publicaremos un catálogo coa primeira parte das adquisicións. Libros sobre hiperactividade, síndrome me Asperger, de Down ou igualdade de xénero tanto para nenos e nenas como para adultos.

Estamos de volta

Desde o día 1 de outubro a REIBONTECA está á vosa disposición os LUNS  e MÉRCORES de 9,15 a 10 horas para que poidades retirar libros.