Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2025

Obradoiro de adhesivos! 😀😀😀😀😀😀😀😀😀

Imaxe
Hoxe fixemos no tempo de recreo un obradoiro de adhesivos!!! Foi moi divertido e aos máis pequechos encantoulles!

Rufina trae novidades terroríficas desde a biblioteca! 👻 🖍 🖍 🖍 🖍 💜 💛 💚 💙 👀 👀 👀 👀 👀 👀 👀 👀

Imaxe
Ola, pequenos e grandes lectores! Son Rufina, a curmá máis lectora das meigas, e hoxe veño voando dende a nosa biblioteca escolar cunha nova que vos porá os pelos de punta... pero de emoción!   👻👻👻👻👻👻 Xa temos os debuxos gañadores do Concurso de Samaín! Foron moitos os artistas valentes que se atreveron a mesturar medo e creatividade, e os resultados foron arrepiantemente fermosos. Aquí vos deixo as fotos das obras premiadas, para que poidades admirar tanto talento. E lembrade: na biblioteca de Rufina sempre hai un recuncho máxico onde os contos e as pantasmas conviven en harmonía… ata o próximo Samaín! Debuxo gañador de Infantil... Noraboa!   Debuxo gañador do 1 ⁰ ciclo... Noraboa!     Debuxo gañador 2 ⁰ ciclo. Noraboa!  

Tatuaxes máxicas no recreo en Samaín! 👿👽👺👻👹💣💥👿👻👹

Imaxe
Boas, pequenos monstros e bruxiñas do cole! Son Rufina, a mascota máis curiosa da biblioteca, e hoxe quero contarvos algo que vin dende a miña escoba mentres sobrevoaba o patio… Un grupo de voluntarias cheas de maxia e boa vontade montou unha mesa moi especial nos recreos. Alí, entre risas e sustiños, colocaron tatuaxes luminescentes e fixeron debuxos na pel con temática de Samaín. Lobos, morcegos, arañeiras, cabazas… e moitas caras felices brillando ao sol (e á lúa!). Foi unha actividade chea de cor, ilusión e espírito de Samaín, que encheu o patio de fantasía. Bravo polas nosas artistas e por todos os valentes que se deixaron tatuar pola maxia!   

O laboratorio tolo de Samaín! 🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

Imaxe
Ola, pequenos aprendices de meig@s! Son Rufina , e esta vez non vos escribo dende a biblioteca… senón dende un laboratorio cheo de burbullas, cores e algunha que outra cabaza curiosa ! Durante o mes de outubro, o noso colexio convertiuse nun auténtico Laboratorio Tolo , onde fixemos experimentos arrepiantemente divertidos.... Mesturamos líquidos misteriosos e… puff! Apareceron cores que brillaban como por maxia! Nun cunco máxico cheo de ollos que subían coa escuma coma se tiveran vida propia!   Rufina xa está pensando en levar algunhas destas receitas máxicas á biblioteca… quen sabe o que pode pasar se as mesturamos cun bo libro de maxia!  

Comprometidos cos ODS! 💚🌳💚🚰💚💧🏞💚 💪💪💪💪

Imaxe
O mural de entrada do colexio xa nos dá a benvida cunha mensaxe clara: seguimos traballando nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Un ano máis, o noso cole aposta por educar en valores, por coidar o planeta e por construír un futuro máis xusto.

Os maiores coidando da biblio! 📚📘📙📚📘📚📗📚📙📚📖

Imaxe
O alumnado de 6º estivo esta semana traballando arreo para organizar os libros do nivel L1. Decidiron ordenalos por cores para que sexa máis doado atopar e devolver os libros, xa que nesa zona non se clasifican por orde alfabética. Grazas ao seu esforzo e creatividade, a biblioteca está cada vez máis funcional. Parebéns, alumnado de 6º, por axudar a que Rufina teña todo ben colocado!

Benvida á biblioteca!

Imaxe
 Ola, lectores e lectoras intrépidos! Son Rufina, a gardiá dos libros e das historias máxicas da biblioteca. Estou moi contenta de darvos a benvida a un novo curso cheo de aventuras, misterios e fantasía... E para comezar... Anímovos a participar no Concurso de debuxos de Samaín 2025! Deixade voar a vosa imaxinación máis arrepiante: bruxas, monstros, pantasmas, cabazas... Todo vale mentres sexa orixinal (nada de calcos). Fai un debuxo nun folio A4 (ponlle o teu nome, apelidos e curso por detrás). Entrégao na biblioteca ou ao teu profe ata o 28 de outubro. Haberá un pequeno agasallo para o gañador ou gañadora!!

Desfrutade moito do verán! Vémonos en setembro!!!

Recomendacións lectoras para este verán! Clicade para ver o vídeo!

Imaxe
 

Videoconto do club de lectura "Elmer y los hipopótamos"

Imaxe
Os nenos e nenas do club de lectura prepararon con moita ilusión un  videoconto  sobre a historia de  "Elmer y los hipopótamos" .   Foi unha experiencia moi divertida e tamén é unha forma especial de compartir o que leron. Disfrutádeo moito!! 😃😃😃😃 Fai clic aquí para velo! 

Portada Axenda Curso 25/26

Imaxe
Deseña a túa portada para axenda  escolar do curso que ven!!!  Tedes aquí as  instruccións , clicade para velas! Anímate!! Participa!! Entregádea antes do venres 13 !! 😊😊😊😊

Xa temos gañadores do concurso de escritura creativa!!

Imaxe
Noraboa a Xavier García de 2ªA (1º ciclo) e a Pedro Veiga de 4ºB (2º ciclo) polos seus relatos!!😍👏 O premio do 3º ciclo quedou deserto porque ninguén se animou a participar, así que dende aquí animámosvos a todos a facelo para o ano!!                     

Ven a desfrutar dunha tarde única coa compañía teatral Migallas!!

Imaxe

O noso cómic xa está aquí!

Imaxe
 Xa temos o cómic que creamos  polo " Día do Libro" coa participación dos nenos e nenas do cole sobre a nosa querida mascota da biblio Rufina e os ODS!!  😍😍😍   Podedes pasar pola biblioteca para ver as historias!! 😊😊😊

Concurso de escritura creativa

Imaxe
 Mañá é o último día!!! Non queda nada!!! Animádevos!!! 😊😊😊😊😊😊

Día de Teatro en Reibon

O venres 11 de abril, as alumnas e alumnos de Reibon quixeron conmemorar o Día do Teatro , que foi o pasado xoves 27 de marzo ,  as nenas e nenos de 5 anos B , 3º de Primaria C  e 4º Primaria A , deleitáronnos co seu talento, arte e emoción .  As representacións estiveron cheas de creatividade, aplausos e risas .   Todas e todos  desfrutamos do traballo e a dedicación que puxeron no escenario !!   😃😃😃

Mes de abril: mes do LIBRO

Imaxe
  Dende a Reibonteca deixamos  algunhas recomendacións lectoras para as distintas idades e gustos . Esperamos que as desfrutedes!! 😊😊😊😊 Clicade para ver mais!!

Que sabemos sobre os ODS?

Imaxe
No marco do PDI (Proxecto Documental Integrado) que estamos a desenvolver este ano no centro sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), este trimestre era o momento de deixar reflectido o traballado ata o momento. Para iso cada nivel, elaborou unha serie de infografías, expostas na entrada do colexio, resumindo o realizado sobre os ODS seleccionados ao comezo de curso. Nestas, recóllese información sobre os mesmos e tamén propostas a desenvolver na vida diaria para contribuír ao alcance destes obxectivos tan importantes. Convidámosvos a visitar a exposición, xa que o alumnado fixo un traballo brillante, achegando o seu grao de area nesta ardua tarefa global!!👏

21 de marzo "Día da Poesía"

Imaxe
 O día 21 de marzo conmemoramos o " Día da Poesía"  Na  Reibonteca convertimos o momento do recreo nun momento máxico cheo de versos, sentimentos e historias. 😊😊😊

Unha visita moi especial

Imaxe
O pasado venres tivemos a sorte de contar co músico e actor Paco Nogueiras, que lles veu facer unha visita aos nenos e nenas de Educación Infantil. A verdade é que o encontro foi todo un éxito, cantamos, bailamos e escoitamos moi atentos as incribles historias que nos veu a contar. Dámoslle as grazas pola súa visita e esperamos poder volvelo a ver moi pronto!!!😀

8M DÍA DA MULLER

Imaxe
Como en cada festividade, dende a biblioteca, seleccionamos unha serie de libros e contos dedicados neste caso ás mulleres, os cales estiveron esta semana accesibles á toda a comunidade educativa co obxectivo de visibilizar a mulleres que durante anos foron invisibles aos ollos da sociedade.  FELIZ DÍA DA MULLER!!!!💜

Talleres de Entroido na biblio

Imaxe
Esta semana de Entroido os recreos da biblioteca énchense de actividades! As máscaras de Rufina que fixemos hoxe foron todo un éxito! Cada máscara levou o seu propio toque creativo, cheo de cor e orixinalidade. O proceso foi moi divertido!

Arrincamos co Entroido!

Imaxe
Hoxe parece que ao alumnado de Reibón pegáronselle as sabas porque apareceu todo o mundo lucindo os seus mellores pixamas. Primeiro mandato da nosa mascota Rufina. Vaia ideas máis tolas que ten! Aquí deixámosvos os do resto da semana. A desfrutar!!!😍

30 de xaneiro, Día da non Violencia e da Paz

Imaxe
O pasado 30 de xaniero celebramos o DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ  como noutras festividades dende a biblioteca fixemos unha selección de libros e contos para que toda a comunidade educativa puidera desfrutalos, e ademáis, realizamos todo o cole un acto para conmemorar este día cun mural cheo de flores feito por tódolos nenos e nenas do cole e  despois rematamos cun baile de Mamá Cabra "Baile da paz" 🎵🎶🎵🎶

Unha semana especial no club de lectura

Imaxe
  Esta semana foi moi especial no club de lectura, tivemos a oportunidade de compartila coas alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria, foi unha experiencia chea de entusiasmo e  imaxinación!!   Os nenos e nenas do club de lectura pásano en grande, disfrutan do espazo e se sumerxen dentro das historias.  "Le,  imaxina, soña ... e descobre novos mundos"