Despois do éxito que acadou o Certame de lectura en voz alta, estamos preparando a segunda edición. Nesta ocasión, abrimos a cantidade de xéneros nas que se pode participar, polo que imos ter maior variedade. Será durante o mes de abril para celebrar a Festa dos Libros. Ah! Non esquezades que o tempo está limitado. Animádevos e ide preparando as vosas lecturas.
Os nenos e nenas do club de lectura prepararon con moita ilusión un videoconto sobre a historia de "Elmer y los hipopótamos" . Foi unha experiencia moi divertida e tamén é unha forma especial de compartir o que leron. Disfrutádeo moito!! 😃😃😃😃 Fai clic aquí para velo!
Comentarios
Publicar un comentario