Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Os maiores coidando da biblio!

Imaxe
 O alumnado de 6º estivo esta semana traballando arreo para organizar os libros do nivel L1. Decidiron ordenalos por cores para que sexa máis doado atopar e devolver os libros, xa que nesa zona non se clasifican por orde alfabética. Grazas ao seu esforzo e creatividade, a biblioteca está cada vez máis funcional. Parebéns, alumnado de 6º, por axudar a que Rufina teña todo ben colocado!

Benvida á biblioteca!

Imaxe
 Ola, lectores e lectoras intrépidos! Son Rufina, a gardiá dos libros e das historias máxicas da biblioteca. Estou moi contenta de darvos a benvida a un novo curso cheo de aventuras, misterios e fantasía... E para comezar... Anímovos a participar no Concurso de debuxos de Samaín 2025! Deixade voar a vosa imaxinación máis arrepiante: bruxas, monstros, pantasmas, cabazas... Todo vale mentres sexa orixinal (nada de calcos). Fai un debuxo nun folio A4 (ponlle o teu nome, apelidos e curso por detrás). Entrégao na biblioteca ou ao teu profe ata o 28 de outubro. Haberá un pequeno agasallo para o gañador ou gañadora!!