Tatuaxes máxicas no recreo en Samaín! 👿👽👺👻👹💣💥👿👻👹

Boas, pequenos monstros e bruxiñas do cole!
Son Rufina, a mascota máis curiosa da biblioteca, e hoxe quero contarvos algo que vin dende a miña escoba mentres sobrevoaba o patio…


Un grupo de voluntarias cheas de maxia e boa vontade montou unha mesa moi especial nos recreos. Alí, entre risas e sustiños, colocaron tatuaxes luminescentes e fixeron debuxos na pel con temática de Samaín.
Lobos, morcegos, arañeiras, cabazas… e moitas caras felices brillando ao sol (e á lúa!).

Foi unha actividade chea de cor, ilusión e espírito de Samaín, que encheu o patio de fantasía.
Bravo polas nosas artistas e por todos os valentes que se deixaron tatuar pola maxia! 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O noso cómic xa está aquí!