🌈 Facendo maxia coa ciencia: o arco da densidade 🌈
Agora toca confirmar que a ciencia tamén pode ser… fermosa.
Nesta ocasión, propuxémonos un reto: crear un arco da vella usando só auga, sal e colorante. Parece sinxelo, verdade? Pero detrás desta mestura agochábase un principio moi interesante: "a densidade".
Traballamos con varios recipientes e fomos preparando augas con distintas cantidades de sal. Despois… chegou o momento de engadir cor.
Cada mestura tiña unha densidade diferente, e ao vertelas con coidado, observamos algo sorprendente: as cores non se mesturaban ao azar, senón que se colocaban en capas.
Porque ás veces, para entender o mundo… só hai que mesturar curiosidade, cor e un chisco de sal.

Comentarios
Publicar un comentario