✨ ✨✨✨Os desexos do cole: atreverse a imaxinarse mellor!! ✨✨✨✨
No Día de Loito do cole vivimos un momento especial, deses que non fan ruído pero que deixan pegada.
Seguindo os mandatos de Rufina, a nosa querida mascota da biblioteca, o equipo de CreativE puxo en marcha unha proposta diferente: abrir un espazo para escoitar ao alumnado. Un espazo para parar, pensar… e imaxinar.
Porque ás veces, entre horarios, tarefas e présas, esquecemos algo importante: o cole tamén se constrúe cos soños de quen o habita cada día.
Así naceu esta actividade: unha invitación para que cada neno e nena puidese expresar como lle gustaría que fose o noso cole. Que cambiarían? Que coidarían máis? Que lles faría sentir mellor? Que desexan para o presente… e para o futuro?
E esta, sen dúbida, é a historia dun cole que se atreve a imaxinarse mellor.

Comentarios
Publicar un comentario