Boas, pequenos monstros e bruxiñas do cole! Son Rufina, a mascota máis curiosa da biblioteca, e hoxe quero contarvos algo que vin dende a miña escoba mentres sobrevoaba o patio… Un grupo de voluntarias cheas de maxia e boa vontade montou unha mesa moi especial nos recreos. Alí, entre risas e sustiños, colocaron tatuaxes luminescentes e fixeron debuxos na pel con temática de Samaín. Lobos, morcegos, arañeiras, cabazas… e moitas caras felices brillando ao sol (e á lúa!). Foi unha actividade chea de cor, ilusión e espírito de Samaín, que encheu o patio de fantasía. Bravo polas nosas artistas e por todos os valentes que se deixaron tatuar pola maxia!