Publicacións

Cita a cegas cun libro 📖

Imaxe
  Bo día! O 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro cunha actividade moi especial. Grazas aos libros de espurgo do cole, empaquetamos exemplares sen máis pistas… para que cada neno e nena recibise un libro por sorpresa. A maxia estivo en desenvolvelo e descubrir que historia lles agardaba dentro. Feliz Día do Libro e felices lecturas!

Rufina invita a aprender sobre saúde oral 😁 ✨ 😬 💧 😷 🍎

Imaxe
  Rufina trouxo ao cole ao alumnado do CIFP Manuel Antonio , que está a cursar o ciclo de Hixiene Bucodental, para compartir unha actividade moi especial co alumnado de 3, 4 e 5 anos de Infantil e 1º de Primaria. Os rapaces e rapazas visitantes presentaron con moita ilusión esta iniciativa e prepararon unha explicación interactiva, xogos e actividades sobre saúde oral. O alumnado aprendeu a eliminar bacterias, identificar hábitos prexudiciais e mellorar a técnica do cepillado dental. Moitas grazas a Rufina e ao alumnado do CIFP Manuel Antonio por axudarnos a coidar o noso sorriso!

🧼♻️ Obradoiro de xabón con aceite usado

Imaxe
  O alumnado maior do centro participou nun interesante obradoiro no que aprenderon a elaborar xabón a partir de aceite usado. Durante a actividade, descubriron como reciclar este residuo doméstico dándolle unha nova vida, ao tempo que reflexionaron sobre a importancia de coidar o medio ambiente e reducir a contaminación. Foi unha experiencia práctica e moi útil, na que combinaron aprendizaxe, sustentabilidade e creatividade. 🌱✨

📻✨ A radio escolar chega ao recreo 🎧

Imaxe
  O alumnado de Reibón participou nunha actividade moi especial: a gravación de contidos na radio escolar, que posteriormente foron reproducidos durante o recreo para todo o cole. Grazas ao seu traballo, os máis pequenos puideron gozar dun audioconto elaborado polos compañeiros e compañeiras maiores, vivindo un momento cheo de ilusión e atención. Ademais de aprender a manexar a radio do centro, o alumnado de 5º tamén tivo a oportunidade de visitar a emisora de Cadena SER , coñecendo de primeira man como funciona unha radio profesional.

📚🎤 Concurso “Deslínguate!”

Imaxe
  Participa no concurso Deslínguate! , unha iniciativa que promove a lectura e a interpretación de textos en galego dunha forma creativa e divertida. O alumnado poderá presentar ata dous textos por aula, xa sexa de maneira individual ou en grupo, cunha duración máxima de 3 minutos. Un dos requisitos principais é que os textos sexan en galego, poñendo así en valor a nosa lingua. Este concurso é unha gran oportunidade para traballar a expresión oral, a comprensión lectora e a creatividade, ademais de fomentar o gusto pola lectura. Animamos a todo o alumnado a participar e a demostrar que… a súa voz conta! 🎙️✨ (O premio… polo de agora, segue sendo segredo 😉)

🎤🥖 Obradoiro de regueifas en 5º

Imaxe
    O alumnado de 5º participou nun divertido obradoiro de regueifas da man de Pinto de Herbón e Luis o Caruncho . Durante a actividade, aprenderon a improvisar versos con ritmo e humor, coñecendo de preto esta tradición da nosa cultura. Despois de escoitar aos mestres, animáronse a crear as súas propias regueifas, demostrando moita creatividade e ganas de participar.

Recollida de lixo na praia da Xunqueira 🗑️ ♻️ 🌍

Imaxe
     

Visita á casa de Rosalía de Castro 🌿📖✒️

Imaxe
  O alumnado de 5º curso realizou unha visita á Casa de Rosalía de Castro , un lugar cheo de historia e emoción onde puideron achegarse á vida e á obra dunha das figuras máis importantes da nosa literatura, Rosalía de Castro . Durante o percorrido, descubriron como Rosalía contribuíu a dar valor e dignidade á lingua galega nun tempo no que non era habitual empregala na escrita. Grazas a autoras e autores coma ela, hoxe podemos gozar do galego tamén nos libros, nas bibliotecas e na nosa vida diaria. Esta experiencia serviulles para entender mellor a importancia da lectura e da conservación da nosa lingua, un labor no que as bibliotecas xogan un papel fundamental: gardar, compartir e manter viva a nosa cultura.

🌈 Facendo maxia coa ciencia: o arco da densidade 🌈

Imaxe
  Agora toca confirmar que a ciencia tamén pode ser… fermosa. Nesta ocasión, propuxémonos un reto: crear un arco da vella usando só auga, sal e colorante. Parece sinxelo, verdade? Pero detrás desta mestura agochábase un principio moi interesante: "a densidade". Traballamos con varios recipientes e fomos preparando augas con distintas cantidades de sal. Despois… chegou o momento de engadir cor. Cada mestura tiña unha densidade diferente, e ao vertelas con coidado, observamos algo sorprendente: as cores non se mesturaban ao azar, senón que se colocaban en capas. Porque ás veces, para entender o mundo… só hai que mesturar curiosidade, cor e un chisco de sal.

✨ ✨✨✨Os desexos do cole: atreverse a imaxinarse mellor!! ✨✨✨✨

Imaxe
  No Día de Loito do cole vivimos un momento especial, deses que non fan ruído pero que deixan pegada. Seguindo os mandatos de Rufina, a nosa querida mascota da biblioteca, o equipo de CreativE puxo en marcha unha proposta diferente: abrir un espazo para escoitar ao alumnado. Un espazo para parar, pensar… e imaxinar. Porque ás veces, entre horarios, tarefas e présas, esquecemos algo importante: o cole tamén se constrúe cos soños de quen o habita cada día. Así naceu esta actividade: unha invitación para que cada neno e nena puidese expresar como lle gustaría que fose o noso cole. Que cambiarían? Que coidarían máis? Que lles faría sentir mellor? Que desexan para o presente… e para o futuro? E esta, sen dúbida, é a historia dun cole que se atreve a imaxinarse mellor.

Chega o Entroido!!! 🎭 🎉 🎊 🤡 🎈 🦒 🎭 🎉 🎊 🎭 🎉 🎊 🎭 🎉 🎊

Imaxe
 

Día escolar da Non Violencia e da Paz 🌍✌️🕊️❤️ ☮️ 🌍✌️🕊️❤️ ☮️ 🌍✌️🕊️❤️☮️

Imaxe
  No Día Escolar da Non Violencia e da Paz todo o alumnado participou nunha actividade común moi especial. Cada neno e nena coloreou o seu propio corazón , enchéndoo de cores que representan o respecto, a amizade e a convivencia. Todos estes corazóns xuntos poden verse na entrada do cole xunto con Rufina , formando un mural cheo de vida que nos lembra que a paz constrúese día a día, con pequenos xestos e coa participación de todas e todos. Porque todos e todas estamos conectadas/os, respectémonos! Feliz día da paz 2026 🌍✌️🕊️❤️☮️  

🎒 Visita do alumnado de 6º ao IES As Barxas 🎒✨💙🎒✨💙🎒✨💙🎒✨💙🎒✨💙

Imaxe
  O alumnado de 6º de Primaria realizou estes días a súa visita ao IES As Barxas , unha experiencia moi esperada que viviron con moita ilusión. Portáronse de marabilla e gozaron ao máximo da xornada , coñecendo novos espazos e achegándose un pouco máis á que será a súa próxima etapa educativa. Houbo tempo tamén para repoñer forzas cun chocolate quente e un bocadillo de tortilla , facendo da visita un día aínda máis especial. Que rápido medran… En poucos meses xa estarán no instituto. Un paso importante que comezarán con ilusión e moitas ganas  

Recreos chuviosos 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️ 🌧️

Imaxe
  Cando a chuvia non nos permite disfrutar do patio, os recreos trasládanse á biblioteca e á aula de polo creativos , que se converten en espazos de encontro, xogo e creatividade. Alí, o alumnado pode gozar de xogos de mesa variados, xogos de construción e actividades tranquilas , como debuxar ou facer puzles. KApla, Doble, pezas magnéticas, puzles… son só algúns exemplos dos materiais cos que os nenos e nenas comparten tempo, cooperan e deixan voar a imaxinación. Unha alternativa perfecta para seguir desfrutando do recreo, tamén nos días grises ☔📚  

Obradoiro de candís de Nadal!! 💜💛💚💙💜💛💚💙

Imaxe
Esta semana as familias lectoras xuntámonos para realizar o obradoiro de "Candís de Nadal", unha actividade pensada para compartir creatividade, conversa e espíritu festivo! Pouco a pouco, os nosos moldes enchéronse de luz, cor e arrecendo, creando candís feitos con moito agarimo. Grazas a todas as familias pola vosa participación e entusiasmo. Seguimos creando momentos xuntos!

Obradoiro de adhesivos! 😀😀😀😀😀😀😀😀😀

Imaxe
Hoxe fixemos no tempo de recreo un obradoiro de adhesivos!!! Foi moi divertido e aos máis pequechos encantoulles!

Rufina trae novidades terroríficas desde a biblioteca! 👻 🖍 🖍 🖍 🖍 💜 💛 💚 💙 👀 👀 👀 👀 👀 👀 👀 👀

Imaxe
Ola, pequenos e grandes lectores! Son Rufina, a curmá máis lectora das meigas, e hoxe veño voando dende a nosa biblioteca escolar cunha nova que vos porá os pelos de punta... pero de emoción!   👻👻👻👻👻👻 Xa temos os debuxos gañadores do Concurso de Samaín! Foron moitos os artistas valentes que se atreveron a mesturar medo e creatividade, e os resultados foron arrepiantemente fermosos. Aquí vos deixo as fotos das obras premiadas, para que poidades admirar tanto talento. E lembrade: na biblioteca de Rufina sempre hai un recuncho máxico onde os contos e as pantasmas conviven en harmonía… ata o próximo Samaín! Debuxo gañador de Infantil... Noraboa!   Debuxo gañador do 1 ⁰ ciclo... Noraboa!     Debuxo gañador 2 ⁰ ciclo. Noraboa!  

Tatuaxes máxicas no recreo en Samaín! 👿👽👺👻👹💣💥👿👻👹

Imaxe
Boas, pequenos monstros e bruxiñas do cole! Son Rufina, a mascota máis curiosa da biblioteca, e hoxe quero contarvos algo que vin dende a miña escoba mentres sobrevoaba o patio… Un grupo de voluntarias cheas de maxia e boa vontade montou unha mesa moi especial nos recreos. Alí, entre risas e sustiños, colocaron tatuaxes luminescentes e fixeron debuxos na pel con temática de Samaín. Lobos, morcegos, arañeiras, cabazas… e moitas caras felices brillando ao sol (e á lúa!). Foi unha actividade chea de cor, ilusión e espírito de Samaín, que encheu o patio de fantasía. Bravo polas nosas artistas e por todos os valentes que se deixaron tatuar pola maxia!   

O laboratorio tolo de Samaín! 🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

Imaxe
Ola, pequenos aprendices de meig@s! Son Rufina , e esta vez non vos escribo dende a biblioteca… senón dende un laboratorio cheo de burbullas, cores e algunha que outra cabaza curiosa ! Durante o mes de outubro, o noso colexio convertiuse nun auténtico Laboratorio Tolo , onde fixemos experimentos arrepiantemente divertidos.... Mesturamos líquidos misteriosos e… puff! Apareceron cores que brillaban como por maxia! Nun cunco máxico cheo de ollos que subían coa escuma coma se tiveran vida propia!   Rufina xa está pensando en levar algunhas destas receitas máxicas á biblioteca… quen sabe o que pode pasar se as mesturamos cun bo libro de maxia!  

Comprometidos cos ODS! 💚🌳💚🚰💚💧🏞💚 💪💪💪💪

Imaxe
O mural de entrada do colexio xa nos dá a benvida cunha mensaxe clara: seguimos traballando nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Un ano máis, o noso cole aposta por educar en valores, por coidar o planeta e por construír un futuro máis xusto.